SEN RUMBO EN LA TVG DOMINGO

2007-10-26

Este domingo á 01:00 na Galega SEN RUMBO, UNHA HISTORIA DE MISTERIO PROTAGONIZADA POR AVELINO GONZALEZ


Desacougante curta de misterio dun alumno da Escola de Imaxe e Son de Vigo: José Brea. O popular Avelino González protagoniza esta historia acompañado por Mónica Caamaño (‘Efectos secundarios’) e Marta Lado. Unha orixinal revisitación do mito da Caixa de Pandora: unha botella cunha mensaxe aparece na beira da praia. No seu interior uns números desconcertantes. Logo a curiosidade e a necesidade de tentar o destino e un desenlace abraiante.