LA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL ORGANIZA EL FORO

2005-12-13

En el hotel NH Carmen la ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL organiza un foro de encuentro de dirección fotográfica y maquetas para cine y televisión.
O III FORO ACADEMIA ABERTA 2005 TIVO ESTE ANO A MAIOR ACOLLIDA DE TÓDALAS SÚAS EDICIÓNS






Cunha asistencia media de 125 persoas en cada unha das súas sesións, o III Foro Academia Aberta celebrado a pasada semana en Compostela, obtivo este ano a maior acollida das súas edicións, tanto cualitativa como cuantitativamente.



Foron 50 as persoas inscritas no Obradoiro de Fotografía e 65 no de Arte, ademais de asistir moitas outras persoas ós Encontros nos que non era precisa a participación a través da inscrición. O nivel de participación foi especialmente significativo atendendo á implicación coas distintas achegas nos debates, un interese que amosa a preocupación do sector naquelas cuestións que atinxen ó crecemento e posicionamento do audiovisual.



Esta mesma sensación de satisfacción que manifesta a Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual e que vos queremos facer chegar a todos e todas cantos compoñemos este organismo, foi amosada polos convidados a impartir tanto os Obradoiros (Alfonso Parra, Miguel A. Rodríguez, Ramiro Sabell, Miguel Pérez, Pepe Jordana, Emilio Ruiz del Río, Pepe Coira, Manuel Fernández Iglesias, Jesús Iglesias e Manuel González), que percibiron ás claras que os profesionais que formamos parte da Academia e dos distintos sectores do Audiovisual, estamos ocupados e preocupados por atopar vieiros e espazos que axuden a definir as características diferenciadoras do noso sector en Galicia respecto do que exerce noutras partes do estado e do mundo.



Tamén coidamos significativo e positiva a acollida que tivo este evento nas institucións galegas, dende a Xunta de Galicia ata o propio concello compostelá. Non foi gratuita, e así non a queremos considerar, a presenza da Conselleira de Cultura e Deportes, Ánxela Bugallo; nin a do director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fdez. Iglesias; nin a do director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez; nin a do concelleiro de Turismo de Santiago, Pancho Candela; nin a dos directores das Televisións TVG e TVE en Galicia; e anque máis habitual en actividades da A.G.A. ó longo destes anos, non deixou de acudir unha vez máis Antón Louro, voceiro de Cultura do PSOE no Congreso, e coordinador dos deputados socialistas galegos nas Cortes Xerais. A importancia de que Enrique Nicanor se achegase -a pesares da gran dificultade que existíu para facelo posible- para recoller a súa Medalla, cremos que é síntoma de que, ó fin, se nos ten algo máis que en conta. Pensamos que a Academia Galega do Audiovisual está verdadeiramente asentada xa como institución representativa do sector, de tótolos profesionais, xa que confluímos todos no interese de conformar e vertebrar un sector con baseamento firme que garanta perspectivas de futuro. Porque todos e todas, sexa na profesión que sexa, queremos un audiovisual galego con piares consolidados que nos permitan dar saída ó potencial creativo, ó talento, á capacidade e bon facer dos técnicos, dos creativos.... do sector audiovisual galego.



Así pois, a Xunta Directiva da A.G.A. transmite a tódol@s participantes neste III Foro Academia Aberta a súa gratitude, satisfacción, complicidade e identificación coas inquedanzas dos profesionais, e desexamos –e traballaremos a prol diso- que continuemos na liña do debate constructivo, da busca de camiños que nos leven a configurar ese audiovisual galego que, sumando as diferencias, nos conduzan a ser un sector estratéxico non só no eido económico, senón tamén no cultural e no social. Pero estratéxico de verdade, non só de declaración de boas intencións.



Moitas grazas a todas e todos por participar, e sen máis, lembrarvos que estamos coa liña aberta permanentemente ás vosas achegas para mellorar a nosa xestión naquilo que consideredes oportuno. E lembrarvos tamén que a Academia Galega do Audiovisual, non só é a Xunta Directiva: conformámola tod@s cantos somos soci@s dela. Aquí, tod@s contamos, e tod@s temos sempre algo que aportar.