CLUSTER DEL AUDIOVISUAL GALLEGO
2006-03-02
LISTADO DE NOMINADOS EN PREMIOS MESTRE MATEOEmpresas do Clúster nomeadas aos Premios Mestre Mateo 05
24-02-2006A longametraxe Heroína e a serie de fición As leis de Celavella están entre as producións que optan a máis galardóns.
A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer a lista de finalistas dos Premios Mestre Mateo 2005. Un total de 37 produtoras optan a estes galardóns cun total de 93 producións. Entre as empresas do Clúster concursan Continental, Dygra Films, Voz Audiovisual, Milou Films, Adivina, Filmanova, Telecable Compostela, Ibisa Tv, Ficción Producciones, TVG Producciones Vigo, Escola de Imaxe e Son de Vigo e Escola Galega de Artes Cinematográficas (Egaci).
Entre os finalistas destacan:
Mellor Longametraxe:
* O soño dunha noite de San Xoán, de Dygra Films S.L
* Heroína, de Continental Producciones, Tornasol, Milú Films e TVG
* Para que non me esquezas, de Continental Producciones e TVG
Mellor Película de TV:
* Máis ca irmáns, de Continental Producciones, Diagonal TV, Toma 27, TVG, TV de Catalunya e Canal Sur Televisión
* Mentíndolle á vida, de Adivina Producciones, Just Films e General Vídeo Productions
Mellor Serie de TV:
* 4º sen ascensor, de Filmanova SL e La Región
* As Leis de Celavella, de Voz Audiovisual S.A.
* Libro de Familia, de Editorial Compostela S.A.
* Terra de Miranda, de Voz Audiovisual S.A.
Mellor Documental:
* Hanan. De Marrocos a Galicia. O que nos une. De Ibisa TV S.L.
Mellor Produción Interactiva:
* Web Dygra Films, de Dygra Films
Mellor Produción de Publicidade:
* Making Off de Pataghorobí, de Escola de Imaxe e Son de Vigo
* Making Off da Gala Premios MM 04, da Escola de Imaxe e Son de Vigo
Mellor Curtametraxe de Ficción:
* Te quiero mal. Ciega por primera vez, de Ficción Producciones S.L.
Mellor Curtametraxe de Animación:
* El Retorno de la Ley, de Dygra Films S.L.
* KM 53, de Producciones Vigo, Escola de Imaxe e Son de Vigo e Escola Galega de Artes Cinematográficas (Egaci)
Os gañadores en cada categoría daranse a coñecer o domingo 19 de marzo nunha gala que se celebrerá na Coruña e que será retransmitida en directo pola TVG.