Enrique Otero director de cine

Enrique Otero director de cine

2013-06-22

Enrique Otero Suárez

Dirección
Nome completo: Enrique Otero Suárez
A Coruña 1972


Actor, realizador, músico e director. Comeza no audiovisual nos 90 coa realización de publicidade e de curtametraxes en vídeo. A fins desta década dirixe un documental, para en 2000 traballar como video-asistente nunha longametraxe e seguir a dirixir curtas. Un ano despois realiza o video musical “Mundo Increible” da formación “Kozmic Muffin”. Desde o 2002 dirixe diferentes curtametraxes e traballa para a TVG e TVE en programas de produción propia e series de ficción, como músico e como realizador. En 2004 sonoriza a curta de animación “Minotauromaquia”.

Premios e recoñecementos: 'Os Crebinsky' gañou en 2002 o primeiro premio no VII Festival de cortometrajes La Fila de Valladolid. A curta 'Parole' foi finalista do Festival Notodofilmfest en 2003. Por 'Crebinsky' levou con Miguel de Lira o premio Alma ao mellor guionista novel no marco do Festival de Cine de Málaga (2011).


Formación específica: Técnico Superior en realización pola Escola de Imaxe e Son de Vigo. Realizou cursos de especialización en montaxe, música (solfeo, piano e harmonía), marketing e de tratamento de imaxe.

 

https://culturagalega.gal/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=770&nome=Enrique%20Otero