URXA Largometraje dirigido por los profesores Alfredo García y Carlos Piñeiro en el ATENEO FERROLÁN
2010-04-08
18 maio Urxa de Alfredo García Pinal, Carlos A. López Piñeiro, 1989
Duración 87 min. Produción Carlos A. L. Piñeiro, Xosé Xoan Cabanas Cao
Produtor Xosé Xoan Cabanas Cao Guión Carlos A. López Piñeiro, Alfredo García
Pinal Fotografía Javier Serrano
Intérpretes Luma Gómez, Raquel Lagares, Alfonso Valenzuela, Laura Ponte,
Vicente Montoto, Luis Lemos, Carlos Vilavó, Manuel Bouzón, Pancho Martínez,
Teresa Horro, Anxel Goday, Juan Corral, César Silvent, Blanca Cendán, Miguel
de Lira, Feli Manzano, Teresa Barral, María Xosé Bouzas, Tucho Lagares,
Ernesto Chao, Miguel Pernas, Salomé Lorenzo, Teresa Nájera
Sinopse Urxa conta tres momentos na vida dunha muller durante o século
actual na sociedade galega. O seu rol máxico vencellado ao contorno
sociocultural e á natureza, da que é preservadora e medium. No primeiro
episodio, O medallón de Urxa, prodúcese o relevo no oficio: unha vella
transmítelle o espírito e os saberes á súa sucesora adolescente, filla única
dunha casa que desaparece se ela segue outros vieiros. Encádrase a acción a
comezos de século e como fondo temos o valor cultural da casa no medio
rural. Anos 40. O prestixio da casa e os seus compoñentes é aquí o motivo
central. Cómplice dun indiano, de quen se conta agochou a súa fortuna nun
sitio descoñecido, Urxa-Ádega salvagarda no Arcón de Petro Xesto a vida e a
memoria do seu amigo da nenez. De seguido os elementos urbanos veñen a
incidir na cultura máxica rural. Os que eran protagonistas no medio de seu
deixan aparentemente de selo. No ídolo de Milder un arqueólogo provoca o
desenlace dunha vella lenda narrada por Urxa. Nada troca, só que os valores
e as ideas toman outras formas.