ONDA CURTA nuevo programa de la TVG

2006-01-28

La TVG empieza a emitir un nuevo programa ONDA CURTA que tratará de potenciar el mundo del cortometraje y piezas audiovisuales gallegas . El día 29 el equipo de Alfonso Pato emitirá entre otros trabajos el videoclip de la Escuela de Imagen y Sonido de Vigo ZOMBIE RIOTT.
Suerte a este programa y felicitaciones a la TVG por apostar por este formato televisivo
Adjuntamos email recibido por la organización.
Estivemos en Ribeira para amosaros a fascinante doble vida de
FERNANDO CORTIZO, veterinario de día e creador de animacións en
plastilina de noite.

Na sección "Diminutos" proxectaremos A CRISE DA PESCA, de Omar
Rabuñal, conta con ironía a dura vida dos mariñeiros en tempos de
crise. Os protas da curta son dous mariñeiros da Costa da Morte.

A MIOPÍA, unha curta dirixida por David Pardo, un vigués que se
centra máis nun defecto do corazón máis que da vista. Animación de
Nacho Abia, e Roi Palmés, Rosa Suárez, Suso Sueiro e Vicente de Souza
entre os actores.

Como remate da función, o clip de ZOMBIE RIOT. Un clip gore dirixido
por Natalia Alonso na scola de Imaxe e Son de Vigo no que amosa o seu
gusto polo sangue e as tumbas. Estos rapaces procedentes de Cambre,
Sada e A Coruña acaban de publicar este mismo mes, e de xeito
independiente, o seu album "Handbook for the Recently Deceased".

Sabedes que sempre eliximos música de grupos galegos, como fondo dos
reportaxes. Nesta ocasión poderedes escoitar de fondo temas dos
vigueses TREM FANTASMA e do grupo de A Guarda HEISSEL, que acaban de
sacar disco.

Se queredes mandarnos discos novos para que sonen no programa, se
tedes clips, curtametraxes, spots, ou pezas diminutas de ata tres ou
catro minutos, aquí tedes un espazo que vai nesa onda.
Tamén temos a sección "Quedas avisado", onde van avisos de
convocatorias de festivais, concursos de curtas, casting, axudas,
subvencións, etc.