PROYECTO: PAN E CIRCO

2007-02-12

Os días 24 , 25 e 26 de xaneiro terá lugar a grabación dunha curtametraxe de ficción que leva como título “Pan e Circo”.

Iste traballo corre a cargo dos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo, como a directora, Ana Fontán, productor Miguel Castellanos e director de foto Jacob e moitos mais, que contan coa axuda de varias empresas como; electrodomesticos Bermello, moblería M.Castellanos, Industrias Rebollo, Seguros Bermello e o Molino, e con a colaboración de varios interpretes como son; Pirula Exposito, Miguello Blanco etc…

A curta terá varias localizacións. O día 24 grabarase na Plaza de España apartir das 11:00 am , o 25 pola mañá grabarase na cafeteria Bocusse ,sita na rúa República Argentina nº7, e pola tarde na Plaza da Princesa e na rúa da Carcere Vella, e o 26 grabarase en Panxón, (Nigrán).
A curtametraxe conta como unha muller duns 40 anos deambula polas diferentes rúas do seu lugar de residencia. En cada momento observa con gran atención o comportamento de todos aqueles que a rodean, quen o seus ollos actúan dun modo particular e extraño.